Saltar ao contido principal

Publicacións

25 de novembro!

Hoxe, vinte e cinco de novembro, estamos a lembrar a todas as vítimas da violencia de xénero.  É moi triste que a día de hoxe teñamos que “celebrar” este día, pero mentres siga habendo unha soa muller que sufra por isto, nós non deixaremos de estar aquí.  
Publicacións recentes

Reinauguración do taboleiro!

E é con moito gusto que vos anunciamos que o noso taboleiro queda inaugurado este curso 2021-2022! Debido a que hoxe é o día da visibilidade bisexual a información posta nel tratase sobre a bisexualidade; temos recomendacións de libros, referentes e películas. Animámosvos a coñecer as novas cousas que hai en el! 

Non é unha fase!

Para este vinte e tres de setembro, día da visibilidade bisexual, o noso grupo de diversidade afectivo-sexual decidiu colaborar con  Radiofiestra. Así creando un podcast onde se falan de varios estereotipos da bisexualidade, e dalgúns referentes no mundo da música e o cinema. Deixámosvos o enlace para escoitar este podcast. https://www.ivoox.com/dia-internacional-da-bisexualidade-radiofiestra-2021-audios-mp3_rf_75836184_1.html Lembrade que a bisexualidade non é unha fase! 

VOLTAMOS!

Aquí estamos de novo!  Máis orgulloses que nunca! Únete! 📲 Traballa con nós e únete clicando no seguinte enlace: Formulario Participa! 💪  A través das diferentes actividades que vos imos propoñer ao longo deste curso 2021-2022 Apoia! 👍 Comparte, difunde, traballa connosco Agardámosvos a todas, todos, todes!

Participación no grupo de diversidade: DiverXentes

 Bos días a todas, todos e todes! Estamos de volta, con máis ánimos que nunca.  Desta vez presentámosvos o formulario de participación no grupo DiverXentes, toda aquela persoa que se quera unir, participar ou simplemente recibir información do que se vai facer no grupo de diversidade do IES Rafael Dieste, pode acceder a través deste formulario: Cargando… Convidámosvos a unirvos e participar para crear un insituto máis diverso, inclusivo e libre!

DiverXentes

Presentámosvos o noso novo nome: DiverXentes. Xentes diversas que queren: Concienciar Visibilizar Apoiar Acompañar Normalizar Educar Agora si, comezamos a traballar!

Benvidas e benvidos

Benvidas e benvidos, O día 25 de maio de 2021 comezamos esta nova aventura no IES Rafael Dieste cun grupiño de alumnas e alumnos e varias profesoras. Nesta primeira reunión asentamos as bases deste grupo de apoio afectivo-sexual que arranca esta semana. Tocáronse diferentes temas: pasouse revista á lexislación que apoia a creación deste grupo, das distintas ferramentas de prevención do acoso, decidiuse utilizar Telegram como principal canle de comunicación, e de contar cun taboleiro LGTBIQ+, un espazo propio na Biblioteca e un Aula Segura .  Pouco a pouco todas estas propostas comezan a tomar forma. Paso a paso iremos crecendo xuntas e xuntos, cara un próximo curso cheo de ilusión e ganas.  O noso obxectivo este curso será asentar as bases deste grupo e comezar coa celebración do Mes do Orgullo e a nova sección "Razóns para unha educación con orgullo" no noso perfil de Instagram (@diestediversidade).  Grazas a todas e todos por apoiarnos. Imos comezar!