Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

Participación no grupo de diversidade: DiverXentes

 Bos días a todas, todos e todes! Estamos de volta, con máis ánimos que nunca.  Desta vez presentámosvos o formulario de participación no grupo DiverXentes, toda aquela persoa que se quera unir, participar ou simplemente recibir información do que se vai facer no grupo de diversidade do IES Rafael Dieste, pode acceder a través deste formulario: Cargando… Convidámosvos a unirvos e participar para crear un insituto máis diverso, inclusivo e libre!

DiverXentes

Presentámosvos o noso novo nome: DiverXentes. Xentes diversas que queren: Concienciar Visibilizar Apoiar Acompañar Normalizar Educar Agora si, comezamos a traballar!

Benvidas e benvidos

Benvidas e benvidos, O día 25 de maio de 2021 comezamos esta nova aventura no IES Rafael Dieste cun grupiño de alumnas e alumnos e varias profesoras. Nesta primeira reunión asentamos as bases deste grupo de apoio afectivo-sexual que arranca esta semana. Tocáronse diferentes temas: pasouse revista á lexislación que apoia a creación deste grupo, das distintas ferramentas de prevención do acoso, decidiuse utilizar Telegram como principal canle de comunicación, e de contar cun taboleiro LGTBIQ+, un espazo propio na Biblioteca e un Aula Segura .  Pouco a pouco todas estas propostas comezan a tomar forma. Paso a paso iremos crecendo xuntas e xuntos, cara un próximo curso cheo de ilusión e ganas.  O noso obxectivo este curso será asentar as bases deste grupo e comezar coa celebración do Mes do Orgullo e a nova sección "Razóns para unha educación con orgullo" no noso perfil de Instagram (@diestediversidade).  Grazas a todas e todos por apoiarnos. Imos comezar!