Saltar ao contido principal

Benvidas e benvidos

Benvidas e benvidos,

O día 25 de maio de 2021 comezamos esta nova aventura no IES Rafael Dieste cun grupiño de alumnas e alumnos e varias profesoras.

Nesta primeira reunión asentamos as bases deste grupo de apoio afectivo-sexual que arranca esta semana. Tocáronse diferentes temas: pasouse revista á lexislación que apoia a creación deste grupo, das distintas ferramentas de prevención do acoso, decidiuse utilizar Telegram como principal canle de comunicación, e de contar cun taboleiro LGTBIQ+, un espazo propio na Biblioteca e un Aula Segura

Pouco a pouco todas estas propostas comezan a tomar forma. Paso a paso iremos crecendo xuntas e xuntos, cara un próximo curso cheo de ilusión e ganas.

 O noso obxectivo este curso será asentar as bases deste grupo e comezar coa celebración do Mes do Orgullo e a nova sección "Razóns para unha educación con orgullo" no noso perfil de Instagram (@diestediversidade). 

Grazas a todas e todos por apoiarnos.

Imos comezar!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

25 de novembro!

Hoxe, vinte e cinco de novembro, estamos a lembrar a todas as vítimas da violencia de xénero.  É moi triste que a día de hoxe teñamos que “celebrar” este día, pero mentres siga habendo unha soa muller que sufra por isto, nós non deixaremos de estar aquí.  

VOLTAMOS!

Aquí estamos de novo!  Máis orgulloses que nunca! Únete! 📲 Traballa con nós e únete clicando no seguinte enlace: Formulario Participa! 💪  A través das diferentes actividades que vos imos propoñer ao longo deste curso 2021-2022 Apoia! 👍 Comparte, difunde, traballa connosco Agardámosvos a todas, todos, todes!

Reinauguración do taboleiro!

E é con moito gusto que vos anunciamos que o noso taboleiro queda inaugurado este curso 2021-2022! Debido a que hoxe é o día da visibilidade bisexual a información posta nel tratase sobre a bisexualidade; temos recomendacións de libros, referentes e películas. Animámosvos a coñecer as novas cousas que hai en el!